venres, 15 de marzo de 2024

INFORMATIVO AROUSÁN 6ºA . 15-3-2024

 Marco, Jhamelia, Sindo, María O. fan o informativo semanal. Con información variada sobre a comarca!!!

(6ºA- ÁFRICA)



luns, 26 de febreiro de 2024

INFORMATIVO AROUSÁN 6º (ESPECIAL DÍA ROSALÍA DE CASTRO 23 DE FEBREIRO)

 A continuación podedes escoitar o directo e especial informativo do día 23 DE FEBREIRO ( Día do nacemento da escritora e poeta Rosalía de Castro)

Esperamos que desfrutedes con éste traballiño que nos prepararon o alumnado de 6º. Saúdos



A maiores o martes 27 de febreiro o alumnado de primaria e infantil do centro puidemos saír polas rúas da Arousa para repartir poemas de Rosalía de Castro que tanto traballaron e confeccionaron o alumnado con tanto agarimo a toda a  veciñanza coa que nos atopabamos e a diferentes locais da Arousa. Dando  a coñecer a súa figura, lendo poemas, recitando,... etc.  A maiores o alumnado de Infantil ( xunto coas súas mestras) realizaron diferentes actividades en torno a autora ( ofrenda floral, recitados, batallas ou regueifas Rosalianas,... Incluso a saída fixeron unha breve actuación para as familias que alí se atopaban para recoller os seus fillos/as. 
Xenial !!!!!

xoves, 8 de febreiro de 2024

ENTROIDO ( Os Liboriños do Torre Illa)

  Continuamos cos diferentes obradoiros nas diferentes aulas para traballar a figura dos Liborios na Arousa, para evitar que non se perda ésta figura tan importante e vencellada ao entroido na zona.

Aí van unhas imaxes  do traballiño feito nestos días previos  e o resultado!!! 

Moi bo traballo rapazada!!!!







 


Grazas por seguindo mantendo vivas as tradicións!!!!!